martes, 29 de xullo de 2014

TRÁILER


Ola a tod@s, xa está acabado o pequeno tráiler prometido, pertenece a alguna das gravacións dos ensaios da obra da nosa creación "Xuño". Unha obra que aínda que non se estreara por falta de tempo para unha estrea en condicións, sí nos serve para lembrar aqueles recreos adiados á arte da comedia. Pero isto non pode significar máis ca unha pausa por vacacións... Agardo se retome neste vindeiro ano desde un punto de vista máis claro e definido. 
Grazas por todo o voso esforzo, e vémonos pronto!

"Un actor debe traballar toda a súa vida, cultivar a súa mente, desenvolver o seu talento sistemáticamente, ampliar a súa personalidade; nunca debe desesperar, nin esquecer este propósito fundamental: amar a súa arte con todas as súas forzas e amalo sen agoísmo" Constantin Stanislavski