xoves, 17 de outubro de 2013

Comezamos a andaina no mundo das artes escénicas nun mes chamado outubro...

Saudiña do coordinador, profesor, guía... desta iniciativa que se chama arte... arte de amosar o noso interior máis desgarrado ou sorrinte, ledo ou dramático.
Estou moi contento de poder estar con rapaces con gañas de vivir  a vida de xeito diferente e que teña inquedanzas e ansias por descubrir novas formas de ver o mundo e queira aportar un gran de area a unha sociedade falta de entusiasmo...

Como me dixo unha alumna nunha ocasión: "Que sería a vida se non tiveramos o valor de intentar algo novo?"Vincent Van Gogh

Grazas a todos darlle unha oportunidade á imaxinación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario